Skip to main content
Castroverde

Iria Castro será a candidata do BNG á Alcaldía de Castroverde

Por 18 Marzo, 2023Sin comentarios

Iria Castro será a candidata á Alcaldía do BNG en Castroverde para as próximas elección municipais do 28 de maio.

Iria Castro anunciou “O BNG teno claro, imos liderar un goberno municipal que impulse Castroverde, desenvolvendo o seu potencial e afondando na mellora da vida da súa veciñanza”

Neste senso, a candidata do BNG á Alcaldía de Castroverde destacou “temos un proxecto capaz de construír un novo modelo, que faga revitalizar este concello e que a xente sinta orgullo de vivir e traballar en Castroverde” e subliñou “o BNG é unha referencia en producir grandes avances nos concellos onde goberna, onde o bo facer, o rigor e a coherencia son os eixos que os guían”

Iria Castro agradeceu ás compañeiras e compañeiros do BNG en volver a confiar nela para encabezar o proxecto do BNG en Castroverde “quero agradecerlle a todas as persoas que conformamos o BNG en Castroverde por seguir pensando en min como a persoa capaz de liderar un proxecto político que ten como eixo ás persoas, por isto neste 28 de maio imos saír a por toda para ser a forza que ilusione e producir o cambio”