Skip to main content
Lugo

Comezan os traballos de renovación da rúa Aquilino Iglesias

Por 2 Marzo, 2023Marzo 3rd, 2023Sin comentarios

Veñen de comezar os traballos na rúa Aquilino Iglesias Alvariño, na contorna de Lamas de Prado segundo anunciou Rubén Arroxo que explicou que “continuamos coa renovación integral da contorna de Lamas de Prado, que comezou coa renovación da rúa principal, e que continuará coa mellora da cuarta rúa de Lugo máis poboada”.

A renovación desta rúa inclúe a mellora das actuais zonas peonís, instalando novo mobiliario urbano e ampliando o número de árbores. Os pasos de peóns elevaranse, “avanzando tamén no calmado do tráfico en toda a cidade, unha das solicitudes que cada vez realizan máis veciñas e veciños de Lugo”, explicou Rubén Arroxo.

O alumeado público da rúa mudarase tamén, avanzando na implantación de luminarias LED de baixo consumo, e engadindo novos puntos de luz nas beirarrúas e na zona de xogos que actualmente non contan con alumeado, “eliminando as zonas escuras da rúa”, afirmou Arroxo. O Tenente Alcalde afirmou que “desde o Goberno de Lugo seguimos actuando nunha zona da cidade que require de moitas melloras no espazo público”.