Skip to main content
Lugo

O ADC Sagrado Corazón organiza a terceira edición do Torneo de Semana Santa

Por 15 Marzo, 2023Marzo 17th, 2023Sin comentarios

O ADC Sagrado Corazón organiza a terceira edición do seu torneo de fútbol base para as categorías benxamín y alevín.

O III Torneo Semana Santa terá lugar os días 3 e 4 de abril no campo de fútbol José María Rodríguez Lago e nel participarán un total de 32 equipos de 21 clubs diferentes de toda Galicia.

O torneo celebrará un total de 62 partidos ata coñecer aos campións de cada categoría reunindo a uns quinientos nenos e nenas.

A modalidade na que se disputarán os partidos será a de fútbol 7 e estará divido na categoría benxamín o luns 3 de abril e na categoría alevín o martes 4 de abril.

Entre os club participantes atópanse os lucenses CD Lugo, SCD Milagrosa, SDC Residencia, Atlético Abuín, EF Polvorín, ACD Piringalla, CP Lucense e o equipo organizador ADC Sagrado Corazón.

O evento contará co apoio do Concello de Lugo, Diputación de Lugo e Xunta de Galicia a través de diferentes vías, ademais o torneo conta coa autorización da RFGF.