Skip to main content
Lugo

O PP pide que se atenda a petición dos veciños para cambiar o canil de Serra de Ancares

Por 15 Marzo, 2023Sin comentarios

O Partido Popular informa que “os veciños de Paradai iniciaron hai uns días unha recollida de sinaturas para pedir un cambio de localización o canil de agility da rúa Serra de Ancares debido aos inconvenientes que xera aos veciños e pola falta de espazo para que os cans poidan correr”.

Os concelleiros populares achegáronse ata a zona para comprobar a denuncia realizada polos veciños e viron como “o espazo é moi pequeno, polo que en ocasións xéranse tensións entre os cans ao non ter capacidade de afastamento”.

“Estas situacións sucédense en diversas franxas horarias, sempre que coincidan varios cans á vez neste lugar, provocando escandalosos ladridos a través do valo” declaran os popular que engaden que “debido ao pequeno espazo tamén provoca que se acumulen as feces e ouriños converténdose este lugar nun foco de risco”.

Ademais, debido a unhas obras que se están a realizar na rúa colindante “parte dun dos valados rompeuse polo que este canil se inutilizou, reducindo o espazo de recreo para os cans a un so canil”.

Por estes motivos, os veciños solicitan este cambio de localización, aproveitando de paso a sinerxia das actuais obras de acondicionamento da Rúa Xardín.