Skip to main content
Lugo

O programa +Xtí ofrece dúas novas formacións gratuítas para a xuventude

Por 18 Marzo, 2023Marzo 19th, 2023Sin comentarios

Lugo acolle unha actividade relacionada co mundo audiovisual para a mocidade desempregada do municipio como acción formativa de iniciación nun sector cunha alta demanda profesional.

Será un curso teórico-práctico no que o alumnado coñecerá as distintas fases da creación de contido audiovisual, desde a preparación do guión ata a preprodución, gravación e edición. Así mesmo, traballarase coa mocidade en competencias e habilidades para mellorar a autoconfianza, resiliencia e a capacidade de traballo en grupo.

A actividade, organizada polo Servizo de Prevención de Drogodependencias e outras adiccións, dará comezo en abril.

A formación que é totalmente gratuíta, ten unha duración de 50 horas e 15 prazas dispoñibles. Impartirase todos os venres, do 14 de abril ao 30 de xuño, de 16.30 a 20:30 horas no CEI-Nodus.

As inscricións poden realizarse do 31 de marzo ao 12 de abril a través da web lugomasxti.org, e aceptarasen por rigorosa orde de inscrición, cumprindo os requisitos de idades e estar empadroados na cidade. Os menores de idade precisan dunha autorización firmada de pai, nai ou titor/a así como a copia do DNI.

Tamén está dispoñoble un curso gratuíto de community manager, creación de contidos dixitais seguros e marca persoal dentro da programación do Lugo +Xti 2023, subvencionada polo Plan Nacional sobre Drogas dirixido a lucenses de 16 a 35 anos, empadroados en Lugo.

Este curso busca dar unha visión práctica e real da utilización das redes sociais, mediante a aprendizaxe de coñecementos que poderán ser aplicados en contornas laborais.

Con 60 horas de duración será impartido todos os martes e mércores do 17 de abril ao 28 de xuño, en horario 18.00h a 21.00h en Centro Rafer Formación, dirixido á mocidade lucense disposta a coñecer as últimas tendencias en todo o relacionado coa evolución das redes sociais e as súas principais aplicacións, tanto a nivel profesional como a nivel persoal.

Os interesados neste curso poden formalizar as súas inscricións, ata un tope de 15 persoas a través da web. Dende o xoves 30 de marzo ata o 12 de abril. Máis información: 982 297 498 en horario de 09.00 a 14.00.