Skip to main content
Deportes RIBEIRASACRAXAQuiroga

O Quiroga Fútbol Club volve a ser de Segunda Galicia

Por 27 Marzo, 2023Marzo 28th, 2023Sin comentarios

O equipo de fútbol de Quiroga, Quiroga Fútbol Club, acada o ascenso a Segunda Galicia despois do empatar contra o Rubián.

Centos de persoas foron animar a ámbolos dous equipos, que xogaron no estadio do San Martiño, e cando acabou o partido, baixaron a celebrar cos quirogueses a súa vitoria.

Agora, o Quiroga Fútbol Club volverá a ser un equipo de Segunda Galicia e, polo tanto, enfrontarase a equipos de maior nivel, polo que se terá que preparar para xornadas máis intensas.