Skip to main content
Chantada

Maite Ferreiro valorou o “esforzo” da Asociación de Amigos de Manuel Jorge por crear o Centro de Arte

Por 25 Marzo, 2023Marzo 26th, 2023Sin comentarios

A Asociación de Amigos de Manuel Jorge traballa na creación do Centro de Arte Contemporánea Manuel Jorge nunha vivenda do centro histórico, situada no número 7 da Praza do Cantón.

A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro reuniuse con dita asociación, que prepara o proxecto de restauración no edificio adquirido en 2021 coa colaboración da área de Cultura, co obxectivo de convertelo nun centro de referencia para a creación e a divulgación artística na Ribeira Sacra, seguindo a vontade do pintor e arquitecto chantadino.

O obxectivo da asociación é poder comezar as obras de restauración neste 2023 e que o Museo abra as súas portas antes do verán do 2025.

Durante a visita ao futuro museo, Maite Ferreiro valorou “o esforzo da asociación para sacar adiante un proxecto que dará maior visibilidade á obra de Manuel Jorge e actuará tamén como espazo de inspiración e acollida para artistas contemporáneos” e sinalou “a necesidade de que este tipo de centros artísticos teñan presenza en todo o territorio, non só nas cidades”.