Skip to main content
Ribas de Sil

Ribas de Sil contará a partir de agora cun caixeiro automático despois das numerosas queixas veciñais

Por 24 Marzo, 2023Maio 24th, 2023Sin comentarios

O Concello de Ribas de Sil contará a partir de agora cun caixeiro automático despois das numerosas queixas veciñais pola perda da axencia bancaria e do único caixeiro que había no concello.

“Afortunadamente volveremos a ter caixeiro en pouco tempo grazas a un convenio asinado polo Concello coa Xunta e Abanca”, din os veciños. Este novo caixeiro estará situado dentro da Casa Consitorial, na Praza do Concello.

O PP agradece a boa disposición da Xunta para atender as necesidades de Ribas de Sil aprobando a instalación dun caixeiro automático e cren que “o goberno local non pode agardar a perder os servizos para actuar, hai que facer as xestións necesarias para evitar os prexuízos aos veciños”.

Os populares advertiran dos problemas que ocasionaba aos veciños e as perdas para o comercio local no momento do seu peche instando ao goberno local a solicitar a adhesión ao acordo da Xunta coa Fegamp.