Skip to main content
O Incio

O Concello do Incio convoca reunións informativas sobre o PXOM

Por 10 Marzo, 2023Abril 5th, 2023Sin comentarios

O Concello do Incio organiza reunións informativas cos veciños e veciñas sobre o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal para as persoas interesadas en coñecer todos os detalles.

Estas reunións terán lugar os días 22 de marzo na Cruz do Incio, no local multiusos do Concello; o 29 de marzo no local social do Val do Mao e o 5 de abril no local social de Vilademouros.

O horario das xornadas, que contarán coa presenza do técnico municipal, será de 12.00 a 14.00 horas e durante este tempo os veciños e veciñas poderán trasladar todas as dúbidas e consultas que teñan en relación co novo proxecto.