Skip to main content
Samos

Este venres ponse fin aos actos polo Bicentenario do Cencello de Paradela

Por 8 Marzo, 2023Sin comentarios

O Concello de Paradela acolle este venres, 1o de marzo, ás 13.00 horas, o acto de clausura do Bicentenario do municipio no que participará, entre outros, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.

Durante este evento, que terá lugar no mercado, descubrirase a placa conmemorativa do Bicentenario, poñerase fin ás exposicións en marcha, entregaranse as Medallas de Ouro de Paradela e pecharanse oficialmente os actos polo Bicentenario. Ao final, servirase un viño da Ribeira Sacra.

O Concello convida a todos os paradelenses a participar nestes actos que virán acompañados da música da Banda de Paradela.