Skip to main content
ES-SARRIAXAPublirreportaje SARRIAXASamos

A Deputación investiu 2 millóns de euros en Samos

Por 17 Marzo, 2023Abril 4th, 2023Sin comentarios

Grazas á institución provincial foi posible acondicionar o firme de 25 viais que dan acceso a unhas 30 parroquias e núcleos de poboación, a mellora de estradas provinciais, a creación de emprego e o funcionamento do Servizo de Axuda no Fogar.

A Deputación de Lugo dedicou ao concello de Samos un investimento de dous millóns de euros dende o ano 2019, uns recursos económicos que serviron para a dotación e mellora de servizos e infraestruturas, e tamén para a creación de emprego e o funcionamento do Servizo de Axuda no Fogar, ademais de para a promoción do territorio a través do turismo. Polo tanto, a institución contribuíu a mellorar a calidade de vida e a favorecer o desenvolvemento social e económico dos veciños e  veciñas do municipio.

Case 1M€ para a mellora de infraestruturas

A aportación da Deputación por un importe de máis de un millón de euros fixo posible a mellora de numerosas infraestruturas en Samos. Entre estas actuacións, figuran o acondicionamento do firme de 25 viais que dan acceso a unhas 30 parroquias e núcleos de poboación do concello. Algunha de estas actuacións afecta a Lampazas, Santa Mariña, San Cristovo de Lóuzara ou Formigueiros.

Grazas aos fondos da Deputación, tamén se levou a cabo a construción dun muro de mampostería e a reconstrución da soleira de formigón que permitiron mellorar a Praza de Vigo do Real, cunha achega que superou os 11.000€, e a construción dun muro de contención para ampliar un camiño no núcleo de Vilar do Real, neste caso cun investimento que supera os 20.000€.

A institución provincial desenvolveu tamén o Plan Ilumina, do que se beneficiou Samos a través da renovación de luminarias públicas aforrando custes e gañando eficiencia enerxética.

A Deputación tamén colaborou co Concello para adquirir unha nova báscula para o punto limpo da localidade corrixindo así unha carencia desta infraestrutura, así como para levar a cabo a mellora de pavimentación de seis viais municipais, así como para realizar obras de mantemento e mellora da traida municipal de augas ós núcleos de Vilaceite e Lamartín, este acordo, que se realiza íntegramente con fondos provinciais, supera os 200.000€ de investimento.

Estradas provinciais

A institución provincial desenvolveu tamén o Plan Ilumina, do que se beneficiou Samos a través da renovación de luminarias públicas aforrando custes e gañando eficiencia enerxética.

 

A rehabilitación do firme da estrada LU-P-5601, de Samos a Folgoso do Courel e ramal a Santa Mariña, e da LU-P-5603, de Aira Padrón a Praducelo, por Lóuzara, concentrou unha parte importante dos investimentos feitos pola institución provincial en Samos, pois destinou ás mesmas 235.000€.

Os traballos incluíron a reapertura de cunetas, así como a rehabilitación dos pavimentos con aglomerado en quente e a reposición e pintado da sinalización. Actuacións que permiten a mellora das comunicacións para a veciñanza e visitantes de Samos.

A maiores de todos estes investimentos, a Deputación de Lugo puxo a disposición do Concello en numerosas ocasións a maquinaria e o persoal do Parque Móbil provincial para acometer obras de conservación e mellora das estradas de titularidade municipal, o que lle aforrou á entidade local recursos económicos que puido destinar a outras finalidades. Estes traballos en vías municipais leváronse a cabo en 68 quilómetros entre regos, limpeza de camiños e a limpeza de cunetas.

Creación de emprego

O fomento do emprego é outra das principais liñas de colaboración que mantivo durante estes anos a Deputación de Lugo con Samos. Así, grazas á aportación de 170.000€ que fixo a institución a través do Plan Único, o Concello puido facer 13 contratacións de traballadores e traballadoras de limpeza, condutores e peóns, para reforzar o persoal municipal e así ofrecer un mellor servizo ós veciños e veciñas de Samos.

O Concello de Samos pode manter o Servizo de Axuda no Fogar grazas á aportación da Deputación de Lugo, que dedicou dende o ano 2019 a esta finalidade máis de 66.000€.

Promoción

A Deputación apoia a celebración da Feira do Turismo e do Peregrino, e da Feira de Artesanía e Produtos Naturais da Ponte de Lóuzara, dous referentes de actividades turísticas na provincia. Tamén se impulsou a impresión do libro Martín de Pradocelos ou viaxes culturais, entre moitas actuacións en colaboración co tecido sociocultural do concello para a dinamización do lecer dos veciños e veciñas, e a promoción do municipio.