Skip to main content
Cospeito

Muimenta celebra o 25 a cuarta edición da Festa da Xuventude

Por 20 Marzo, 2023Sin comentarios

A localidade de Muimenta acollerá o día 25 de marzo a cuarta edición da Festa da Xuventude que contará con dúas sesións, unha ao mediodía e outra a noite.

Así, a primeira quenda comezará ás 14.00 horas cunha sesión vermú a cargo da orquestra Escaparate. Esta mesma orquestra será a encargada da verbena, á que se sumará DJ Alejandro Martínez. Para todos os que o desexen haberá menú especial servido polo restaurante Anllo que terá un prezo e 30 euros para o xanter e de outros 30 para os da cea.

As persoas interesadas en asistir poden facer a súa reserva no 982 528 069.