Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Outeiro de Rei abre o prazo para inscribirse no obradoiro de reciclaxe

Por 26 Marzo, 2023Abril 13th, 2023Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición no Obradoiro de reciclaxe de cousas que temos pola casa, financiado pola Deputación Provincial de Lugo dentro da programación de actividades medioambientais que se realizan nos concellos integrantes da Reserva da Biosfera Terras do Miño.

Este obradoiro celebrarase no Espazo Municipal de Autorreparación e Intercambio de Obxectos situado no Parque Empresarial de Outeiro de Rei ao carón do Punto Limpo os sábados 15, 22 e 29 de abril de 2023 en horario de 10:00 a 14:00 horas.

O número de prazas que se ofertan é de 15 e a cota de inscrición é gratuíta.

As inscricións están abertas dende o 24 de marzo ata o 12 de abril e pódense realizar na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ou no teléfono 982 393 408.