Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

Vilalba acolle unha proba de dúatlon escolar o domingo

Por 4 Marzo, 2023Sin comentarios

Este domingo, 5 de marzo, celébrase o Duatlón Escolar Concello de Vilalba – Clasificatorio provincia de Lugo.

Esta proba está dirixida a deportistas inscritos e inscritas no programa Xogade na modadlidade de dúatlon na provincia de Lugo (benxamín, alevín, infantil e cadete).

A saída, transición e meta atoparase na Área Recreativa A Madalena e as probas darán comezo as 10:00 e chegarán ata as 13.00 horas, cando se repartirán os premios.