Skip to main content
Vilalba

Vilalba prepárase para a Feira do Queixo San Simón

Por 9 Marzo, 2023Sin comentarios

Vilalba prepárase para vivir os días 1 e 2 de abril unha nova edición da súa Festa do Queixo da San Simón da Costa, que leva aparelladas numerosas actividades cunha gran relevancia e onde o prato estrela é este lácteo de fama internacional.

A Feira do Queixo da San Simón da Costa chega á súa vixesimo sétima edición.

A localidade contara con dous días de feira novamente, que terán o seu punto de reunión na praza da Constitución, onde se colocarán os stands de artesáns e produtos gastronómicos.

O programa dará comezo o sábado día 1 ás 12.30 horas cun showcooking a cargo de Iván Mariño, concursante de MasterChef8 e presentador de Estache Bo-TVG. Será na praza da Constitución e contará con degustación gratuíta incluída.

Pola tarde, será o tempo dos nenos, entre as 16.00 e as 19.00 horas cun taller de elaboración de queixos e no que os pequenos aprenderán as maneiras de elaborar un bo queixo San Simón.

Xa ás 19.00 horas será a quenda do pregón no templete da praza que nesta ocasión corre a cargo de María Barro, produtora da película Valentina, premio Goya á mellor película de animación 2022.

Durante este acto sortearanse dúas cestas de produtos das queixerías. Para participar hai que comprar nalgunha das sete casetas que haberá na feira.

A xornada rematará cun concerto de Sés no auditorio municipal. As entradas teñen un prezo de dez euros e xa están á venda en www.entradasvilalba.es e na casa da cultura.

O domingo continuarán as actividades ás 11.30 cunha desgustación de tapas gratuítas elaboradas con queixo San Simón na praza da Constitución nunha fooftruck.

E para darlle o toque final á festa. haberá sesión vermú, a partir das 12.00 horas na praza da Constitución. Volverán sortaeranse dúas cestas de produtos entre os compradores da feira da fin de semana.

INSCRICIÓN DE POSTOS 

Así, está en marcha a inscrición para os stands de alimentación, casetas de artesanía así como para casetas de asociacións, institucións e entidades sen ánimo de lucro. A través das bases que fixo públicas o Concello, tamén se facilita o modelo de domiciliación bancaria para realizar os posibles pagos.

Deste modo, xa se poden inscribir todos aqueles que queiran ter presenza este ano na feira do queixo. A data límite é o 15 de marzo. Para as consultas hai que dirixirse ao teléfono do Concello (982 51 03 05) ou a través do correo electrónico: feiras@vilalba.es (Concellería de Feiras e Mercados).