Skip to main content
Alfoz

O 3 de maio levarase a cabo unha sesión formativa para aprender a facer compost en Alfoz

Por 30 Abril, 2023Sin comentarios

O mércores, 3 de maio, no salón de actos de cultura ás 19.00 horas levarase a cabo unha sesión formativa para aprender a facer compost.

Esta cita estará aberta ao público en xeral e será impartida por mestres composteiros de Sogama. Ao remate entregaranse os composteiros a todos os solicitantes que se anotaron no Concello.

Se aínda non tés composteiro e queres un ou se xa tés e queres unha segunda unidade tamén se pode pedir, haberá que pasarse polo Concello ou pola Biblioteca.