Skip to main content
Burela

Burela volverá ao seu pasado castrexo nos últimos días do mes de xuño

Por 9 Abril, 2023Abril 10th, 2023Sin comentarios

Burela volverá ao seu pasado castrexo da man da súa histórica festa e que comezará nos últimos días do mes de xuño.

A festa temática acenderá o lume novo e contará con sardiñas e churrasco, pois celebrase tamén a fogueira de San Xóan fronte á praza do Concello.

A falta de integrantes na asociación Burela Castrexa, que é quen se ocupa da organización, puxo en perigo a realización da festa. Dende o colectivo ficeron un chamamento á veciñanza para a súa colaboración, e foron 4 os voluntarios que se sumaron para levar a cabo a festa castrexa.

Polo momento tan só se sabe que o 24 de xuño haberá unha sesión vermú, xogos castrexos e verbena.