Skip to main content
BurelaComarca AMARIÑAXA

Os médicos do Hospital Público da Mariña respaldan a folga indefinida de facultativos e persoal do Sergas

Por 13 Abril, 2023Sin comentarios

Os médicos do Hospital Público da Mariña veñen de respaldar a folga indefinida de facultativos e persoal do Sergas que comezou o pasado martes 11 de abril.

“Somos conscientes dos problemas que xera esta folga e de anteman pedimos perdón á  poboación. Non podemos quedar impasibles sendo testigos do deterioro evidente da  sanidade pública e da perda de recursos na nosa comarca”, din os sanitarios.

“Non podemos máis porque as nosas condicións laborais chegaron a un nivel de  degradación insostible. Soportamos unha sobrecarga asistencial cada vez maior que  resulta insaumible e compromete a seguridade para os nosos pacientes e para nós  mesmos”, comunicaron hoxe os sanitarios.

“Non podemos máis porque xa non temos médicos suficientes para atender as  necesidades da poboación da Mariña”, engaden, que “as listaxes de espera son inaceptables  repercutindo en atrasos diagnósticos, terapéuticos e de seguimento, incluíndo  pacientes con patoloxía oncolóxica. Tampouco contamos con acceso a recursos  tecnolóxicos e materiais equiparables a outros hospitais do noso entorno.

Todas estas carencias “fan que o hospital non sexa atractivo para os profesionais”, xerando unha fuga continua de personal que non se consigue compensar coas novas  incorporacións”.

Así, continuarán defendedo os dereitos dos doentes e os seus propios coas iniciativas necesarias para garantir unha atención sanitaria digna á pobación da Mariña.