Skip to main content
Foz

Os Sendeiros de Foz organiza unha fin de semana en Portugal

Por 8 Abril, 2023Sin comentarios

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha nova ruta, pero nesta ocasión desprazaranse ata Portugal. Esta saída será a fin de semana do 19 ao 21 de maio e saída farase ás 16.00 horas dende o Cenor Belianorte de Foz e ás 16.15 horas en Ferreira.

As persoas interesadas poden anotarse nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou en ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son 190 euros para os socios non federados e 180 euros para os federados. Neste prezo está incluído o aloxamento en pensión completa, habitación dobre, balneario benestar e termas de Monçao.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio. O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.