Skip to main content
Foz

Xorde en Foz unha nova asociación para ofrecer apoio, asesoramento e recursos a persoas maiores e coidadores

Por 13 Abril, 2023Abril 14th, 2023Sin comentarios

Recentemente en Foz, creouse a Asociación cuiden maiores e coidadores, unha organización sen ánimo de lucro cuxo obxetivo principal é o benestar das persoas maiores e os  seus familiares coidadores de toda a provincia de Lugo.

“Na nosa sociedade, o envellecemento da poboación é unha realidade cada vez máis  evidente. É por iso que se fai necesaria unha atención especializada e enfocada no coidado dos  nosos maiores. O labor de coidar tamén é crucial neste proceso, xa que as persoas coidadoras  son quen garante unha atención personalizada e de calidade”, di o presidente José Ramón Rodríguez Castiñeira.

A asociación xorde como resposta a esta necesidade, coa  intención de ofrece apoio, asesoramento e recursos ás persoas maiores e aos seus familiares coidadores, co fin de mellorar a súa calidade de vida e benestar. A organización traballará para brindar programas, información e orientación aos familiares coidadores, así como ofrecer  programas e actividades que promovan o benestar dos maiores.

Tamén se esforzará en fomentar a conciencia pública sobre a importancia do  coidado e a atención das persoas maiores. Ser un coidador dun familiar maior pode ser unha  tarefa desafiante e esixente. “Os coidadores a miúdo teñen que equilibrar as súas propias  responsabilidades, como traballar ou coidar das súas propias familias, coas necesidades da  persoa maior á que coidan”, di Rodríguez.

O equipo da Asociación cuiden maiores e coidadores está formado por profesionais altamente capacitados e con experiencia no coidado de persoas maiores. E conta coa colaboración de expertos en diversas disciplinas, como a psicoloxía, terapia ocupacional,  asistente social, …, para garantir que os servizos e recursos que se ofrecen sexan da máis alta  calidade.

Desde a asociación “traballamos co firme compromiso de fomentar unha cultura do  coidado, na que se valore e respete a figura da persoa coidadora e bríndese unha atención de  calidade ás persoas maiores”.