Skip to main content
Foz

O BNG de Foz presentará a Francisco Fanego e a sua candidatura as eleccións nun acto público

Por 22 Abril, 2023Sin comentarios

O BNG de Foz presenta a Francisco Xavier Fanego Bermúdez e a sua candidatura as eleccións municipais nun acto público o vindeiro domingo 23 de abril as 12.00 horas.

“O aval da experiencia e a oportunidade de renovación conxúganse nesta candidatura de 2023. Queremos un concello do que todos os veciños e veciñas se sintan orgullosas, un concello que desenvolva o seu potencial, que coide do seu patrimonio, que poña em valor os seus recursos, que aproveite ao seu favor o que o fai diferente e que poña no centro as necesidades da veciñanza”, di Fanego.