Skip to main content
Lourenzá

O PSOE presentou a lista para revalidar a Alcaldía de Lourenzá

Por 10 Abril, 2023Abril 11th, 2023Sin comentarios

Rocío Lopez, a actual rexedora de Lourenzá e candidata socialista para as vindeiras eleccións do 28M, presentou a lista coa que encabeza “coa finalidade de revalidar a Alcaldía e seguir dirixindo un goberno que está ó servizo dos veciños”.

A alcaldesa referiuse a súa candidatura como “un equipo comprometido con Lourenzá, con ganas e ilusión”, ademais engadiu que teñen ideas e proxectos e agradeceu o apoio recibido para dar continuidade a moitos dos proxectos iniciados neste segundo mandato.

Rocío López fixo balance de “moitos dos logros acadados nestes catro anos,  como a construción do campo de herba artificial de Santa Cruz; a nave multiusos de Ponte de Cuñas, que está a disposición de todas as asociacións, de mozos e de maiores para calquera actividade que queiran desenvolver; e tamén a gran intervención na mellora das infraestruturas municipais. Neste mandato a mellora das estradas foi un dos piares principais e leváronse a cabo actuacións en todas as parroquias”.

A candidatura do PSOE laurentino ao completo é Rocío López García, Javier Huertas Otero, Manuel Arango Ron, Mercedes Dengra Sixto, Mario Leitón Ramallal, Francisco Javier Suárez Vázquez, Sonia Gavino Reigosa, José Moirón Torrente, Bernard Henri Denereaz Sailen, Natalia Minhoto Goas, Miguel Castrillón Fernández, Berta Oliveros Yanes, Vanessa Vallines Dasilva e Guillermo Rilo Munín.