Skip to main content
A Pontenova

O CIT da Pontenova organiza a III Ruta Festa da Troita

Por 17 Abril, 2023Abril 18th, 2023Sin comentarios

Alén da Festa da Troita do Concello de A Pontenova 2023, o CIT en colaboración co Concello organiza a III ruta Festa da Troita.

Esta andaina, que se celebrará o 1 de maio, dará saída ás 9.30 horas coa concentración dos participantes na praza dos Fornos para a continuación subirse aos buses que os levarán cara a ruta.

A volta será ás 13.30 horas xunto coa finalización do concurso de pesca e así poderase proceder á pesaxe e clasificación das capturas polos pescadores.

Durante o percorrido da ruta poderase observar os lances efectuados polos pescadores participantes no concurso en todas as súas modalidades.

Para anotarse, antes do 28 de abril, haberá que formalizar a inscrición no email de turismo@concellodapontenova.org, no teléfono 982 342 101 ou 696 532 809 ou na propia oficina de turismo. É totalmente gratuíta.