Skip to main content
Ribadeo

O BNG de Ribadeo presentou a candidatura para as eleccións do 28 de maio

Por 22 Abril, 2023Sin comentarios

O BNG de Ribadeo presentou a candidatura para as eleccións do 28 de maio, liderada por Pablo Vizoso Galdo. Un equipo de vintetrés persoas para renovar o goberno municipal e dar continuidade ao traballo desenvolvido nos últimos anos.

Seis novas incorporacións, mulleres con diferentes perfís profesionais, reforzan un grupo que suma a experiencia de xestión acumulada polos diferentes gobernos do BNG en Ribadeo.

Concelleiras e concelleiros deste mandato repiten nos postos de saída da candidatura, aos que volve Vicente Castro Reigosa, que fora concelleiro de Economía e Facenda.

“Presentámonos con toda a ilusión, con proxectos sólidos e coa confianza que nos dá o bo traballo feito ata agora”, dixo Pablo Vizoso Galdo, que reivindicou a  bagaxe dos vinte anos dedicados ao concello de Fernando Suárez Barcia.

O candidato do BNG indicou que “nos últimos catro anos Ribadeo experimentou un cambio positivo, mais sabemos que aínda queda moito traballo por facer. Cremos en Ribadeo, nas súas posibilidades e na súa xente, porque para nós o mais importante son as persoas, a igualdade de oportunidades e a mellora da súa calidade de vida”.

“Á experiencia acumulada ao longo destes anos sumamos a determinación das novas incorporacións, o noso compromiso no goberno e na xestión das institucións, e a nosa capacidade de xerar novos proxectos”, explicou durante o acto, no Parador de Turismo de Ribadeo.

E engadiu: “presentámonos como un equipo serio, fiable, solvente e responsable. Seguimos crendo firmemente no respecto polos cidadáns, no traballo conxunto na defensa dos intereses de Ribadeo e no diálogo permanente coa sociedade”.

LISTA

1 PABLO VIZOSO GALDO. Corredor de Seguros. Na actualidade, concelleiro de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo.

2 MÓNICA FREIRE RANCAÑO. Enxeñeira agrónoma, funcionaria da Consellería de Medio Rural. Na actualidade,  concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Obras e deputada provincial de Medio Rural, Mar e Mocidade

3 VICENTE CASTRO REIGOSA. Traballador do sector bancario. Foi concelleiro en anteriores mandatos do BNG.

4 JORGE DÍAZ FREIJE. Sector do comercio. Na actualidade, concelleiro de Deportes e Medio Ambiente.

5 PILAR OTERO CABARCOS. Profesora de Lingua e Literatura. Na actualidade, concelleira de Cultura e Consumo.

6 MARCOS ANTONIO VILLAMIL MARTÍNEZ Bombeiro. Presidente da asociación apícola Os Abelleiros. Presidente da asociación de produtores de madeira de Ribadeo Promarriba. Na actualidade, concelleiro de Medio Rural.

7 MARTÍN GRAÑA PÉREZ Graduado en Historia. Estudante de Dereito. Secretario da comunidade de montes de Piñeira “Os Chaos”. Persoa moi activa no ámbito da mocidade

8 RAQUEL FERREIRA ÁLVAREZ. Enfermeira no Hospital Público da Mariña. Nova na candidatura.

9 LUCÍA BALEA VAZQUEZ. Enfermeira no Hospital Público da Mariña. Membro do Comité de Ética Asistencial da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte. Nova na candidatura.

10 PEDRO FERNÁNDEZ VILLAMIL. Axente forestal. Repite na candidatura.

11 PATRICIA DÍAZ LÓPEZ. Hostalaría. Ocio e coidado infantil. Nova na candidatura.

12 VANESA YANES RIVAS Clínica de odontoloxía. Foi concelleira en anteriores mandatos do BNG.

13 XOSÉ FARRUCO GRAÑA RAMA. Profesor de Filosofía. Foi concelleiro en anteriores mandatos do BNG.

Suplentes

S1 MARÍA NOVO FERNANDEZ. Empresaria. Ocio e coidado infantil. Nova na candidatura.

S2 DAVID RIVAS PEÑA. Deseñador gráfico. Na actualidade, concelleiro de Ensino e Mocidade.

S3 EVA IGLESIAS LÓPEZ. Estudante de Psicoloxía. Especialidade de Recursos Humanos e Psicoloxía Social. Nova na candidatura

S4 XOAN ANTÓN MONASTERIO LÓPEZ. Xubilado. Foi funcionario municipal. Integrante da asociación de sendeirismo Pena Tallada

S5 OLIVIA REY SOTO Empregada nunha cadea de alimentación. Nova na candidatura.

S6 JOSÉ ROCHA FERNANDEZ. Funcionario provincial de Costas. Repite na candidatura.

S7 MARÍA ÁNGELES FUENTE VERDEAL. Traballadora do sector servizos. Repite na candidatura.

S8 ÓSCAR CHAO PENABAD  Profesor de Bioloxía. Repite na candidatura.

S9 MARÍA DA PAZ ERMIDA IGREXAS. Xerente de superficie comercial. Foi concelleira en anteriores mandatos do BNG.

S10 FERNANDO SUÁREZ BARCIA. Funcionario. Alcalde.