Skip to main content
O Valadouro

A Asociación cuiden maiores e coidadores, impartirá tres programas no Valadouro

Por 18 Abril, 2023Abril 19th, 2023Sin comentarios

A Asociación Cuiden maiores e coidadores impartirá tres programas en O Valadouro para familiares cuidadoras e para persoas maiores que viven sós. O programa realizarase unha tarde cada 15 días durante 2 horas e son totalmente gratuítos.

O primeiro programa Coidarte, está deseñado para brindar apoio e formación aos familiares coidadores dos seus maiores. Este programa proporcionará ferramentas e técnicas para coidar mellor aos seus seres queridos maiores, así como para coidar mellor de si mesmos. Sabemos que coidar a alguén pode ser unha tarefa esgotadora, polo que estamos comprometidos a proporcionar aos coidadores o apoio que necesitan para facer o seu traballo o mellor posible.

O programa consiste en ata 8 sesións que levarán a cabo unha tarde á semana durante unha hora e media. Durante estas sesións, as persoas coidadoras recibirán información e ferramentas para mellorar os coidados dos seus maiores, así como para mellorar o seu coidado e benestar e previr o esgotamento emocional e físico.

O segundo programa Tardes de Lecer, e está diridigo ás persoas familiares coidadoras dos seus maiores para que poidan desconectar do seu labor diario de coidado. Neste programa, as persoas coidadoras poden conectarse con outras coidadoras e compartir as súas experiencias e preocupacións, así como gozar de actividades de lecer e entretemento.

Por último, o terceiro programa Soedade Cero, e está deseñado especificamente para persoas maiores que viven soas. Este programa ten como obxectivo evitar o illamento e a soidade que poden enfrontar as persoas maiores que viven soas.

Participar nestes programas pode ter un gran impacto na calidade de vida dos nosos maiores e os seus familiares coidadores. Estes programas ofrecen apoio emocional, ferramentas prácticas e a oportunidade de conectarse con outros membros da comunidade. Ademais o programa Soedade Cero pode axudar a combater a soidade, que é un problema común para as persoas maiores que viven soas.

Para anotarse nalgún destes programas será necesario poñerse en contacto cos Servizos Sociais do Concello do Valadouro ao número de teléfono 982 574 000.