Skip to main content
O Valadouro

O teatro volve ao Valadouro este sábado

Por 28 Abril, 2023Sin comentarios

A Delegación de Cultura do Concello do Valadouro informa de que o vindeiro sábado, 29 de abril ás 20.30 horas no salón de actos do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da terceira Idade “Manuel Lourenzo, escenificarase a obra de Teatro: Menciñeiro á forza a cargo do grupo Os Pícaros de Lagoa.

A obra escollida é unha coñecida adaptación elaborada nos anos 60 polo escritor chairego Xosé Manuel Carballo. Trátase dun texto baseado na famosa comedia de Molière O enfermo imaxinario.

Sinopse

Un matrimonio que sempre anda á porfía. Como ela está un pouco cansa da actitude do seu marido, maquina unha vinganza: facerlles crer que andan a buscar un menciñeiro para a súa filla.
A entrada é de balde.