Skip to main content
Viveiro

Por Viveiro e veciños de Xunqueira reuníronse para tratar as inquietudes do barrio

Por 21 Abril, 2023Sin comentarios

Os representantes do grupo político de Por Viveiro reunironse coa Asociación de Veciños de Xunqueira para coñecer de primeira man as inquietudes do barrio.

O candidato á Alcaldía, Bernardo Fraga, declarou aos medios “as demandas do barrio de Xunqueira son exactamente as mesmas que fai catro anos, nada se ten avanzado, é triste”.

“Tanto o Partido Popular na Xunta de Galicia coma o PSOE no goberno local teñen abandonado este barrio despois da riada sufrida fai máis de 5 anos. As promesas quedáronse en promesas e a realidade é que non hai ningún avance”, dixo Fraga.

Os independentes de Por Viveiro, comprometéronse a traballar para mellorar o barrio nos vindeiros catro anos dende o Goberno Local.