Skip to main content
Axenda CaducadaOurol

O Concello de Ourol organiza a II Edición do Ourol Saudable que se centrará na alimentación dos nenos

Por 2 Abril, 2023Sin comentarios

O Concello de Ourol a través do Centro de Fisioterapia de Ourol e en colaboración coa Biblioteca Municipal organiza a II Edición do Ourol Saudable.

Nesta ocasión centraranse nos máis pequenos da casa para os que a hora de comer, en moitos casos, é unha hora complicada. A correcta xestión deste momento é moi importante para o desenvolvemento da correcta saúde do neno ou nena.

Neste obradoiro aprenderemos a diferenza entre O meu neno non come e O meu neno non quere comer. É un obradoiro destinado a pais, nais, futuros pais e nais e todas as persoas que teñan nenos/as a seu cargo e será o 13 de abril ás 18.00 horas no edificio multiusos de Ourol.

Para participar será necesario a previa inscrición no enlace ou chamar ao teléfono 982 559 019.