Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

A próxima carreira do Corre con Nós será este domingo

Por 20 Abril, 2023Sin comentarios

O Circuíto Larsa Corre con nós celebrase un ano máis na que é xa a súa 21 edición. O circuíto deste ano conta cun total de seis carreiras que aglutinan diferentes percorridos e distancias e contan con retos para todas as idades.

Tres das seis carreiras xa foron celebradas nos primeiros meses do ano e actualmente hai case 1700 persoas inscritas.

A próxima proba terá lugar o domingo 23 de abril na contorna do Impulso Verde e do CC As Termas e as inscricións aínda están abertas a través da páxina web https://correconnos.com.

A recollida de dorsais realizarase en Intersport Lugo (Edificio Pimentel en rúa Bispo), en horario comercial o xoves a tarde, venres mañá e tarde e sábado durante a mañá.

As seguintes citas son o 6 de maio na carreira do Tour Talento e o 11 de xuño na carreira final. Nesta derradeira proba premiaranse ás tres persoas que acaden as primeiras clasificacións cun trofeo nunha clasificación final definitiva de todo o conxunto.

En canto as clasificacións por grupos, haberá unha clasificación final escolar, outra familiar e tamén por equipos.

Esta edición ademais contará cunha gala final de entrega de premios , que será unha festa do atletismo popular lucense con sorpresas e actividades durante a cerimonia.