Skip to main content
Cervantes

Cervantes celebra esta sábado os I Cantos de Taberna

Por 6 Abril, 2023Abril 8th, 2023Sin comentarios

Cervantes acolle este sábado 8 de abril a primeira edición dos Cantos de Taberna.

Un total de seis grupos percorrerán dous itinerarios diferentes facendo parada en máis de dez establecementos.

Organizada polos grupos Os Xardois e Os Gaioleiros a xornada dará comezo ás 15.30 no Fabal de onde sairán os dous percorridos.

A parada final será a mesma para os dous percorridos, de novo no Fabal onde a partir das 22.30 haberá pinchos para os grupos participantes e a partir das 23.00 unha gran foliada.