Skip to main content
A Fonsagrada

A Fonsagrada celebra a Feira de San Marcos o 22 de abril

Por 12 Abril, 2023Abril 13th, 2023Sin comentarios

O sábado 22 de abril a Fonsagrada celebra a Feira de San Marcos. 

A feira terá lugar no Mercado gandeiro comarcal da Fonsagrada, no pavillón cuberto só poderán entrar as reses que teñan o regulamento sanitario da feira. 

Poderán concorrer todos os produtores gandeiros e un máximo de seis reses por gandería. 

A organización habilitará unha zona na chaira do recinto feiral para o gando que non cumpra o regulamento sanitario da feira. 

A feira contará coas seguintes razas de gando: Loura Galega e Asturiana, Limousín, Angus, Charolesa, Xersei, Vianesa, Salers e Cachena, Parda Alpina e Blonde Aquitania.

Os participantes poderán desfrutar de degustación gratuíta de Tenreira Galega. 

A inscrición está aberta ata o vindeiro 20 de abril nas oficinas do Concello de 9.00 A 14.00 e fóra dese horario ou festivos a través do seguinte número de teléfono 689 86 30 45