Skip to main content
Lugo

Abre o prazo de inscrición para renovar o CAP de forma gratuíta

Por 14 Abril, 2023Abril 16th, 2023Sin comentarios

Abre o prazo de inscrición para a renovación do CAP destinado á mocidade lucense. Trátase dunha formación de 35 horas presenciais dirixida a lucenses que buscan renovar o seu certificado e ampliar así as oportunidades laborais.

Levarase a cabo en horario de 17.00 a 22.15 dende o día 22 ata o 30 de maio de 2023. Esta formación ten como finalidade a integración das persoas no mercado de traballo por eso é unha boa oportunidade para conseguir novas ferramentas e mellorar o currículo.

Esta formación está dirixida a lucenses entre os 25 e 49 anos, preferentemente desempregados,  que buscan formarse ou renovar a súa formación para conseguir unha saída laboral e profesional. Ofértanse 20 prazas sendo a formación completamente de balde.

Na mesma, se incluirán temáticas para tomar conciencia dos riscos da estrada e os accidentes de traballo, da importancia da aptitude física e mental,  dunha condución racional e eficiente. Os participantes tamén coñecerán as características técnicas e o funcionamento dos dispositivos de seguridade, aprenderán a minimizar o desgaste e previr as anomalías de funcionamento, así como a optimizar o consumo de carburante.

As inscricións serán admitidas por rigurosa orde de inscrición e poden facerse na web: www.lugomasxti.org entre o 17 e o 28 de abril, sempre que se cumpran os requisitos que son dispoñer da tarxeta CAP (non será necesaria se tés o carné C1 ou C antes do 11/09/2009 ou o carné D antes do 11/09/2008) e dispoñer do permiso de conducir dunha das seguintes categorías: C1, C, D1 ou D (en vigor).