Skip to main content
Lugo

Ciudadanos propón a apertura das instalacións deportivas dos colegios fóra do horario escolar

Por 20 Abril, 2023Sin comentarios

A portavoz de CS, Olga Louzao, propón a “utilización de espazos públicos para fomentar o deporte entre os lucenses e a mellora das infraestruturas municipais”.

“Lugo é unha cidade moi unida ao deporte, temos moitos equipos na élite que son un gran orgullo para todos nós. Por iso non entendemos como non se traslada esta afección ao deporte base da cidade” opina a concelleira quen considera que “o gran problema que atopa un lucense á hora de realizar deporte é a falta de instalacións, sobre todo nos meses de inverno, onde polas condicións climatolóxicas faise realmente complicado poder realizar actividades ao aire libre”.

Por iso dende a agrupación laranxa propoñen “poñer a disposición das persoas os espazos cos que xa contamos. Nesta liña, propoñemos a apertura dos polideportivos dos colexios e institutos a todos os lucenses, a través da creación dun calendario de reservas” xa que “mentres que moitas persoas non teñen un lugar ao que acudir para levar a cabo actividades, estes espazos están pechados durante moitas tardes e noites”, declara Louzao.

“Tamén queremos crear un regulamento municipal para o uso das instalacións deportivas do Concello, creando un calendario para o uso dos pavillóns municipais, para que a través dunha páxina web póidase ver que franxas horarias están libres e que os cidadáns as poidan reservar”, afirma a concelleira.

Esto unido á habilitación destes polideportivos, Cs propón instalar durante as fins de semana material deportivo nas zonas peonís da cidade. “Agora que vén o bo tempo, pódense instalar porterías e canastras móbiles nos diferentes barrios ou redes de voleivol na zona do Río Miño. Desta maneira xeramos moitos espazos ao longo da cidade para que as familias poidan desfrutar. Tamén se podería crear unha zona para o uso das bicicletas e para patíns. Esta medida xa se está levando a cabo en moitas outras cidades, sendo un gran éxito de participación, coa que podemos levar o deporte a todos os barrios de Lugo”, considera a portavoz municipal.

“É necesario crear un novo polideportivo na cidade, pero aínda o é máis manter as infraestruturas coas que xa contamos. A práctica de fútbol base na nosa cidade non pode levar case unha década pendente dun proxecto, como é o da Cidade Deportiva do Club deportivo Lugo. Na actualidade os campos do Polvorín, A Cheda e As Gándaras, presentan carencias que deben ser corrixidas. Os vestiarios son insuficientes así como o espazo das bancadas, practicamente inexistente para a cantidade de partidos que albergan durante toda a semana e en especial as fins de semana. É necesario realizar actuacións urxentes non só no terreo de xogo senón nestas instalacións de servizo mentres que o proxecto da cidade deportiva non está listo, e todo indica que debido á falta de vontade política seguirá acumulando anos de atraso”, engade Louzao.

“Desde Cs consideramos que é totalmente necesario a creación dun novo pavillón, pero non queremos que o deporte siga estancado mentres o proxecto non sae adiante. Por iso propoñemos fomentar a creación destes novos espazos. Sobre todo porque o polideportivo que se está anunciando non parece que vaia a responder as necesidades da cidade. Non necesitamos un pavillón de 4 millóns de euros feito de madeira, o que necesitamos é un novo centro con máis pistas polideportivas. Nós propoñemos situar este novo centro no barrio de Abella, ao ser unha zona residencial que non conta con este tipo de instalacións”, considera a concelleira.

Por último, o Grupo Municipal de Ciudadanos quere fomentar a creación de ligas municipais amateurs en horario de serán, co que se desconxestionaría o uso das instalacións municipais e animaríase a que xente de todas as idades a desfrutar do deporte. “Lugo ten que ser unha cidade viva, con deporte nas rúas. Especialmente é importante que os nosos nenos e nenas vexan a importancia destas actividades e que conten con espazos para levalo a cabo. Necesitamos fomentar estilos de vida saudables e que cada lucense que queira facer deporte conten cun espazo para iso” conclue a portavoz.