Skip to main content
Lugo

Repartidos en Lugo os premios Milagrosistas do Ano a 20 personaxes e entidades

Por 22 Abril, 2023Sin comentarios

Un ano máis, a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa recoñeceu a 20 persoas e entidades contribúen a crear barrio e cidade a través dos premios Milagrosistas do Ano.

Os premios foron entregados no transcurso dunha cea no restaurante Manuel Manuel de Lugo. O club Breogán foi un dos premiados da noite, que recibiu o seu galardón acompañado pola música do himno.

Os políticos, como sempre leváronse moitos dos galardóns. O novo delegado do Goberno en Galicia, o lugués José Ramón Gómez Besteiro, recibiu o premio ao ritmo da canción Resistiré, para continuar con outros recoñecementos como o da delegada de Educación, María José Gómez ou a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

Tamén recibiron senllos galardóns outros alcaldes, como o de Abadín, José María López Rancaño; Foz, Francisco Cajoto, e Ribeira de Piquín, Roberto Fernández.

No campo das institucións, foron recoñecidos os bombeiros de Lugo, o inspector da Policía Local, José Antonio Mera López, e o comisario de Operacións da Policía Nacional, Lis Miguel Romera.

Os empresarios tamén tiveron o seu apartado, en especial para Arenal Perfumerías, Huno Peluqueros, Ferretería Elías e Abanca.

Tamén tiveron o seu recoñecemento o fotógrafo Pepe Álvez, o responsable da xestión da USC en Lugo Antonio Álvarez, o catedrático José Carlos Pérez Fernández, o sindicato Anpe, o membro da directiva da CEL Eduardo Valín Fernández e a Fundación Daño Cerebral.