Skip to main content
Lugo

A paralización da demolición do Garañón durou só unhas horas

Por 26 Abril, 2023Abril 27th, 2023Sin comentarios

Unha notificación xudicial obrigou onte a paralizar de novo os traballos de demolición das torres do Garañón, horas antes de que deran comezo. Malia o susto inicial, ese atranco durou só ata a tarde.

O pasado vernes, a empresa adxudicataria dos traballos e o Concello firmaron a acta de replanteo e inicio de obra pero cando procedían á retirada do material de obra abandonado, na xornada de onte, chegou a orde de paralización.

Esta paralización estaba motivada polo recurso presentado polo promotor da obra no que demandaba que se parase o proceso ata que se solventase o xuízo pola indemnización.

Finalmente, durante a tarde, o Concello recibía a orde para poder continuar cos traballos, que teñen como data de finalización máxima o mes de agosto.

Durante la xornada de onte o PP acusou ao Goberno de Lara Méndez de faer “unha chapuza e dun engano sen precedentes aos lucenses”.

Para o Partido Popular “tirar o Garañón non é ningún éxito porque a licenza dada por Besteiro e os seus compañeiros de corporación do PSOE está a custarnos, ademais de moitos desgustos, moito diñeiro a todos os veciños e veciñas”.