Skip to main content
Lugo

Podemos-Esquerda Unida propón unha alternativa á construción de vivenda nas Termas

Por 26 Abril, 2023Sin comentarios

Desde Podemos e Esquerda Unida propoñen un proxecto de cidade que implica a integración da veciñanza, comercio, empresas, servizos, zonas de lecer, deportivas e de esparxemento de forma conectada e coherente, unindo o rural e o urbán e facilitando, deste xeito, que non haxa áreas degradadas e cidadáns de primeira ou de segunda, en función de onde vivan.

A candidata Chus Rodríguez, vén de anunciar  que “o noso modelo de cidade, pasa pola compactación de Lugo, cubrindo e dando uso aos baleiros urbáns, como os que temos en barrios coma o do casco histórico ou da Milagrosa, en contraposición coas políticas urbanísticas municipais que, desde hai tempo, están a favorecer a construcción en determinadas zonas máis afastadas dos núcleos poboacionais”.

Nestes días, o candidato do BNG conminou á Xunta a por en marcha proxectos de construcción de vivenda pública nos terreos que ésta Administración ten na contorna do centro comercial As Termas, algo que, segundo apunta Rodríguez “amosa unha falta de proxecto de cidade, repetindo os erros actuais, como construir por parcelas sen unha coherencia urbanística, deixando barrios desertos do núcleo urbán, para levantar urbanizacións en Infanta Elena”.

Neste sentido, a candidata da coalición de esquerdas remarca a necesidade “dun planexamento serio e un estudo real das necesidades da poboación, co obxectivo fundamental de asentar poboación dentro da cidade e non expulsala, para o que é imprescindible facer unha análise detallada da situación da vivenda en Lugo, comezando por un censo de vivendas baleiras, algo que levamos anos demandando desde as nosas organizacións”.

A proposta da Oficina de Rehabilitación que hai unhas semanas anunciaba a formación Podemos Esquerda Unida, segundo a candidata Rodríguez, “volve a estar no centro do debate sobre a dotación de vivendas sociais para a poboación lucense, pois nós seguimos a apostar pola rehabilitación e a compactación deses baleiros urbáns que ten a cidade e non espallar a edificación cara ao extrarradio, e derivando tamén ás empresas aos polígonos industrais, para logo crear urbanizacións que conecten con elas, polo tanto, nun sentido inverso ao que debera ser”.