Skip to main content
Lugo

Ciudadanos esixe unha ampliación de horarios e persoal na Casa da Muller

Por 30 Abril, 2023Sin comentarios

A alcaldable, Olga Louzao, e o concelleiro Juan Vidal-Pardo, reuníronse coa asociación Meniños, onde se comprometeron a impulsar varias propostas en materia de protección á infancia e ás mulleres no próximo mandato. «

“A nosa primeira medida témola moi clara: hai que reorganizar o servizo da Casa da Muller. O concello de Lugo asumiu unha competencia da Xunta de Galicia para dar un servizo mediocre. Actualmente a Casa da Muller soamente abre de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00, sendo un horario que non se corresponde coa función deste servizo. É necesario que poida atender urxencias ou que haxa servizos as fins de semana para as mulleres que só poidan acudir en horario non laboral”, afirma a portavoz municipal.

Nesta liña de propostas, desde a asociación Meniños sinalaron a importancia de mellorar a conciliación, especialmente para as nais monoparentais ou en situación de risco. “Desde Cs levamos todo o actual mandato afirmando que o Concello de Lugo pode ser un gran aliado neste sentido. Para iso propuxemos a creación dun sistema de atención á infancia a domicilio e a apertura de ociotecas nos centros sociais de Paco Martín, no de Fingoi e no Vello Cárcere. Ademais, para acceder a estes novos servizos primaríase as familias en situación de risco ou monoparentais, que precisan urxentemente dun Concello comprometido e que traballe para axudalas”, propón a alcaldable.

Tamén é necesario educar na prevención, para o que Ciudadanos propón aumentar o número de educadores familiares nos servizos sociais e crear campañas de concienciación. “Temos que acabar coa violencia de xénero, polo que é necesario educar en igualdade e conseguir unha infancia comprometida. Para iso, queremos crear campañas de concienciación dirixidas aos nosos nenos e novos e deixar atrás todas as formas de violencia de xénero, especialmente as máis invisibles e sutís”, afima a concelleira.

“Outra da nosa prioridades será conseguir unha cidade máis segura para as mulleres, para o que propoñemos unha iluminación con perspectiva de xénero nos barrios, eliminando os puntos escuros da cidade, aumentar o número de efectivos da Policía Local e recuperar a Brigada Nocturna da Policía” asevera Louzao. “Ningunha muller pode sentir medo na nosa cidade, por iso queremos rúas ben iluminadas e con máis patrullas, especialmente durante as fins de semana. Temos que loitar por un Lugo para todos, e a seguridade debe ser unha prioridade”, finaliza.