Skip to main content
Palas de Rei

Aprobada no Parlamento unha iniciativa do PSOE que reclama asesoramento sobre o proxecto de Altri

Por 28 Abril, 2023Sin comentarios

O Parlamento aprobou unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que poña o seu asesoramento e capacidade económica a favor do proxecto de Altri en Palas de Rei. O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Martín Seco, presentou esta iniciativa que foi aprobada na Comisión de Industria incorporando unha emenda do PP.

Seco presentou esta iniciativa para esixirlle ao goberno galego que “deixe de observar como cronista” e poña sobre a mesa toda as competencias propias para que “fagan algo máis que mirar para Madrid e demostren que o Altri de 2023 de Alfonso Rueda non é o Pemex de 2012 de Feijóo”. Reclamoulle á Xunta que poña en marcha “as súas competencias para identificar e asesorar á empresa Altri para conseguir fondos europeos e conseguir que o proxecto sexa unha realidade”.

Sinalou que o proxecto é “unha boa idea”, e advertiu que “ninguén en Galicia entende que a día de hoxe non deran posto a andar un proxecto que anunciou o señor Feijóo no seu derradeiro debate do Estado da Autonomía hai case dous anos”. Puxo en dúbida a capacidade de xestión económica e industrial do goberno galego, que en 14 anos “foron incapaces de que a madeira e o leite marcharan fora de Galicia”, malia que é o maior produtor de España.

Explicou que mentres Galicia produce a metade da madeira do Estado só aporta o 13 por cento da renda. Explicou que os propietarios do forestal en Galicia reciben ao ano 300 millóns de euros, 10 veces menos que os 3.000 millóns de euros que produce a agricultura en Almería, que dispón de dous terzos da superficie de Galicia.

Esixiulle ao goberno galego que “ademais de anuncios activen as súas competencias económicas e industriais” para introducir novos axentes económicos no sector da madeira e apoiar aos existentes, acompañado de “dunha necesaria ordenación territorial do noso monte”. Reclamoulle á Xunta que “estea preocupado de como facer realidade novos proxectos empresariais e non tanto en como facerlle oposición ao goberno do Estado”.

O parlamentario socialista aceptou un novo punto de engádega a través dunha emenda presentada polo PP para reclamar fondos Next Generation para o proxecto. Engadiu que a Xunta “debe asesorar e implicarse en la identificación de que pode ir a cada liña de Perte”, e amosouse “seguro de que se aprobaran fondos para tal fin e o éxito será do goberno do Estado”.