Padrafita do Cebreiro acolle o vindeiro 7 de abril a XXXV Feira do queixo do Cebreiro que dará comezo ás 9.30 coa apertura da feira.
A charanga Louband será a encargada de amenizar o día cun pasacalles que dará comezo ás 11.00.
Ás 12.00 será a quenda da Asociación Cultural Abrente das Nogais que realizará unha actuación de baile rexional.
O pregón dará comezo a 13.00 e este ano será a xornalista Tamara Raposo a encargada. Feira
