Skip to main content
Pedrafita

Adrián Rebollal será o candidato á Alcadía do BNG en Pedrafita

Por 19 Abril, 2023Sin comentarios

A asemblea local do Bloque Nacionalista Galego en Pedrafita do Cebreiro decidiu que Adrián Rebollal Brites será a persoa designada para encabezar a candidatura nacionalista á Alcaldía nas vindeiras eleccións municipais.

Adrián Rebollal, veciño de Veiga de Brañas, traballa como comercial de maquinaria agrícola.

O candidato declarou que “Pedrafita precisa un novo rumbo, un proxecto que ilusione e que cree esperanza na veciñanza de que existe futuro aquí, dinamizar este concello, cun proxecto político con afán de revitalizalo”

Neste senso, o candidato do BNG á alcaldía destacou “temos un potencial agro-gandeiro que pode dar moito máis, dinamizar a transformación de produtos tanto de alimentación como doutras materias, como a madeira, un turismo sostíbel e de calidade, ou impulsar uns servizos públicos de calidade como un SAF digno para persoas usuarias como para as persoas que traballan nel, e o BNG é a única alternativa que confía nas potencialidades de Pedrafita para poder chegar a máis”

“Temos proxecto, temos ilusión e temos a convicción de que Pedrafita ten todo por gañar, por isto o BNG está preparado e sae este 28 de maio a por todas, coas ideas claras; teño claro que moitas veciñas e veciños van ter como referencia este proxecto político”, concluíu Adrián Rebollal.