Skip to main content
Carballedo

A XX Feira de Carne ó Caldeiro e Produtos Locais de Carballedo celebrarase este domingo

Por 17 Abril, 2023Abril 18th, 2023Sin comentarios

O Concello de Carballedo acolle o domingo, 23 de abril, a súa XX edición da Feira de Carne ó Caldeiro e Produtos Locais.

Os veciños que quieran participar poderán ir xa reservando a carne chamando aos números 982 46 63 51, 982 46 61 66, 982 46 62 71, 609 84 73 92 ou 696 98 97 67.

Os organizadores son da Asociación de Veciños O Bubaíño Castro e con eles colaboran a GDR Ribeira Sacra, Caixa Rural Galega, a Deputación de Lugo, o Sindicato Labrego Galego, o Xeoparque de Montañas do Courel e Castro Vello.

Programa

O 23 de abril abriranse os postos de artesanía e productos locais ás 12.00 horas e terá lugar o pasarrúas co grupo de gaitas Falcatrueiros e a Charanga Unión Phenosa.

Xa ás 13.00 horas Rubén Camilo Lois González, catedrático de Xeografía da USC, dará  pregón e abrirase a carpa para degustar a carne e demais produtos da Ribeira Sacra.

Pola tarde, ás 17.00 horas, celebraranse actividades para os nenos a cargo de Ce Orquesta Pantasma, mentres actúa a Charanga Unión Phenosa, que tamen animará a carpa durante toda a comida.

As persoas que se acheguen poderán disfrutar do patrimonio natural e arquitectónico que ofrece o Concello e desde a Asociación de Veciños O Bubaíño Castro lembran que Castro é a porta de entrada á Ribeira Sacra de Carballedo.