Skip to main content
Chantada

Diversos grupos musicais actuarán no primeiro Festival de Charangas de Chantada

Por 6 Abril, 2023Abril 7th, 2023Sin comentarios

O primeiro Festival de Charangas terá lugar o vindeiro sábado, 8 de abril, no Concello de Chantada.

Neste evento, diversos grupos musicais actuarán polas rúas de Chantada, pero antes haberá unha sesión vermú de 12.30 a 14.30 horas con André (Phmollo).

A partir das 19.00 horas, a música soará polas rúas, a menos que haxa mal tempo, que entón se trasladarán as actuacións no Mercado Gandeiro.

Por último, de 23.30 a 02.30 horas da madrugada, Charanga Ardores, Louband e Unión Phenosa haberá concertos na praza do pavillón.