Skip to main content
Chantada

Mariano Nieves denuncia o estado “de total abandono” de Fondo de Vila, en San Pedro de Líncora

Por 30 Abril, 2023Maio 1st, 2023Sin comentarios

O candidato do PSOE pola Alcaldía de Chantada, Mariano López, visitou aos veciños Fondo de Vila (San Pedro de Líncora) despois de estes lle pediran que vira o estado de “total abandono no que se atopan os camiños, iluminación, o antigo forno, e fincas que supoñen un risco de incendio especialmente no verán”, explicou Nieves.

Así, o alcaldable explicou que é “un lugar a día de hoxe practicamente inaccesible se non fora pola implicación dos propios veciños e veciñas na súa limpeza”, polo que explica: “Non podemos pretender que o rural viva sen unhas condicións de vida dignas nel”.

Desde a agrupación vermella sosteñen que igual que foron a Fondo de Vila, “iremos alá a onde nolo pidades, non o dubidedes; estamos á vosa disposición”, con respecto a que atenderán a todos os requerimentos dos diferentes pobos de Chantada.