Skip to main content
Monforte

A construción do polideportivo da Pinguela contará con financiación do Consello Superior de Deportes

Por 2 Abril, 2023Abril 3rd, 2023Sin comentarios

O Concello de Monforte consegue financiación para o desenvolvemento da obra de construción do polideportivo da Pinguela, que será de máis de dous millóns de euros.

Así o anunciaron tras recibir unha notificación do Consello Superior de Deportes coa proposta de resolución provisional da concesión na convocatoria de axudas a entidades titulares de instalacións deportivas para obras de modernización de instalacións deportivas para acoller eventos deportivos internacionais en canto a eficiencia enerxética, inclusión e sustentabilidade, con cargo aos Fondos Europeos do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia.

Exactamente, o importe concedido é de 2.206.459,27 euros, que servirán para cofinanciar as obras de reforma integral do Pavillón Municipal da Pinguela, que están a piques de comezar, e que suporán o 60% do investimento total.

Subvencións

Das 238 entidades solicitantes, só 55, entre elas o Concello de Monforte, foron obxecto de valoración por alcanzar os requisitos esixidos para poder ser beneficiario de subvención.

Un dos aspectos polos que máis puntuación se concedía na valoración dos proxectos presentados é a eficiencia enerxética que se conseguiría unha vez realizadas as obras.

No caso das obras de reforma do Pavillón da Pinguela, estas suporán unha mellora na eficiencia enerxética do edificio, que permitirá pasar dunha cualificación enerxética E a una cualificación enerxética B; e en canto a emisións de CO2, esta pasará dunha cualificación enerxética F a unha cualificación enerxética A.

Empresa encargada das obras

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, adxudicouse a UTE Construcciones Castro Figueró S.L.U. – Xestión Ambiental de Contratas S.L. o que presentou oferta de execución das obras por importe de 3.708.051,60 € o que supón unha baixa do 3,10 % (118.627,03 €) con respecto ao presuposto base de licitación.

No pleno extraordinario do día 06.03.2023 acordouse aprobar a tramitación do contrato de redacción do proxecto, dirección facultativa e execución da obra de reforma do polideportivo municipal de A Pinguela.

A financiación da obra será compartida polo Consello Superior de Deportes, que concedeu a subvención, e o Concello de Monforte, que aportará o 40 % restante (1.501.592,33 euros).

O alcalde mostra a súa satisfacción polo éxito das xestións diante do Consello Superior de Deportes, sendo Monforte a segunda cidade de 55 cidades beneficiarias, sendo polo tanto os segundos mellor valorados, “o que significa que o proxecto que presentou o Concello de Monforte é de calidade”.