Skip to main content
Monforte

O Parque da Compañía de Monforte xa está aberto de novo

Por 21 Abril, 2023Sin comentarios

O Parque da Compañía de Monforte de Lemos xa está aberto de novo para o desfrute dos nenos despois de que a empresa Calfensa Proyectos renovara o piso.

O Concello de Monforte requeriulle a semana pasada a Calfensa Proyectos que levase a cabo unhas obras de subsanación na zona de xogos e procedese a cambiar o caucho do piso, que presentaba desperfectos.

O parque infantil da Compañía, que foi completamente renovado a principios do ano 2021, presentaba unha serie de deficiencias no piso de caucho, que non eran xustificables polo escaso período de tempo transcorrido dende a súa colocación.

Esta circunstancia foi a que ocasionou a intervención do Alcalde para requirir á empresa responsable das obras de ampliación e mellora do mesmo, e que se fixese un análise da situación que concluíu cun informe no que se determina que o deterioro estaba ocasionado pola colocación dunha partida defectuosa de caucho.