Skip to main content
Quiroga

Unha nova dotación tecnolóxica forma parte da aula Cemit do Concello de Quiroga

Por 16 Abril, 2023Sin comentarios

A aula Cemit da Casa da Cultura do Concello de Quiroga conta cunha nova dotación tecnolóxica conformada por unha impresora 3D, 1 kit de robótica, drons, gafas de realidade virtual e controladores, así como un kit de placas de comunicación e programación.

Esta aula, considerada de referencia pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a través desta dotación, permitirá implementar un modelo formativo adaptado ao novo Marco Galego de Competencias Dixitais.

En concreto, a Xunta de Galicia ofreceu o kit de robótica está composto por 6 robots educativos e un equipo de 6 kits de construción, serán 5 as unidades de drons, 2 as unidades de gafas de realidade virtual e 2 controladores, mentres que o kit de placas de comunicación e programación está composto de 4 placas tipo Arduino e 2 raspberry Pi 4 Model Quad-core 64 bits.

O Plan da Estratexia Galicia Dixital 2030 dentro do que se inclúe este novo equipamento ten por obxectivo acadar unha sociedade dixital e inclusiva, dotando á cidadanía da capacitación dixital necesaria para desenvolverse plenamente, polo que ademais de contar co equipamento tamén se continuará coa actividade de formación levada a cabo nestes centros.