Skip to main content
O Saviñao

Juan Carlos Armesto encabeza a lista da candidatura do PP do Saviñao

Por 28 Abril, 2023Sin comentarios

O Partido Popular do Saviñao presentou a súa lista de candidatura ás vindeiras eleccións do 28 de maio encabezada polo alcaldable Carlos Armesto, que lidera unha candidatura “para consolidar a este municipio como un concello referente da Ribeira Sacra”.

Armesto indica que “a vontade de todos é a de seguir traballando para dar máis servizos aos veciños nos próximos catro anos”. Deste xeito, Armesto agradece a todos os membros da lista que “me acompañen neste compromiso que implica un contrato directo cos cidadáns de cara a traballar dende a responsabilidade e a entrega para culminar os proxectos que dende a entidade local están en marcha e de seguir buscando alianzas para traer máis investimentos ao noso concello”.

Así, explica que as persoas que conforman a lista “son homes e mulleres dos que me sinto profundamente orgulloso, pois sei que non só representan a un proxecto político e a un partido político, senón que destacan pola súa entrega ao noso pobo e, en consecuencia, aos nosos vosos veciños”.

A lista está conformada por once persoas titulares e dez suplentes, que xuntos forman “un equipo que representa aos principais sectores económicos, culturais, deportivos e sociais do municipio”. Constitúen, en palabras de Armesto, “a mellor representación do Saviñao e para O Saviñao”.

Así, estes son o propio Juan Carlos Armesto Quiroga, Beatriz Rois Castro, Joaquín González González, María del Carmen Expósito González, Jorge Eugenio Rodríguez Álvarez, José López Díaz, Sonia García Rodríguez, Miguel Teijeiro Rodríguez, Jorge Rodríguez Rodríguez, Noelia Varela Casanova e Cristina López Vázquez.