Skip to main content
Sober

A exposición fotográfica ‘Inmarcesibles’ foi premiada polo Colexio Oficial de Traballo Social

Por 5 Abril, 2023Abril 6th, 2023Sin comentarios

O Colexio Oficial de Traballo Social premiou a mostra fotográfica do Concello de Sober ‘Inmarcesibles’, sobre a beleza real feminina no seu concurso de ‘boas prácticas’ dirixido aos e ás traballadoras sociais colexiadas.

As traballadoras sociais do Concello de Sober, Ana de la Torre e Patrica González, foron as encargadas de recibir o diploma e o cheque outorgados no concurso nunha gala na que se celebraba o 40 aniversario do Colexio de Traballadores Sociais de Galicia.

A exposición inmarcesibles leva desde principios deste ano 2023 percorrendo os diferentes Concellos de Galicia levando fotografías de corpos reais de mulleres coa vontade por mostrar a naturalidade de corpo feminino.