Skip to main content
Láncara

As obras da glorieta de entrada á Pobra de San Xiao de Láncara avanzan segundo os prazos establecidos

Por 26 Abril, 2023Abril 27th, 2023Sin comentarios

O Concello de Láncara informa sobre as obras da glorieta de entrada á Pobra de San Xiao, que avanzan de forma positiva e, segundo o Director de Obra, os traballos seguen os prazos establecidos no proxecto de execución.

Esta semana estase a acometer unha das últimas fases para facilitar o tráfico rodado, consistentes no aglomerado en quente do trazado principal.

Así, a rotonda que se está a construír co obxectivo de unir a rúa Benigno Quiroga coa estrada LU-546 na entrada desde Lugo, está pensada rematarse de facer antes das eleccións.