Skip to main content
Láncara

Comeza o fin de semana grande de Láncara, que acolle a Feira Degustación da Tenreira Galega

Por 28 Abril, 2023Sin comentarios

A XXIV Feira Degustación da Tenreira Galega de Láncara comeza hoxe a aprtir das 20:00 da tarde, momento no que haberá unha degustación gratuíta de carne e viño ata agotar as existencias.

Ademais, os asistentes poderán desfrutar dunha actuación musical para ambientar a rúa e na organización participarán membros de diversos colectivos culturais e deportivos do Concello.

Xa o sábado, 29 de abril, terá lugar o Campionato de Tute e parchís con fins benéficos en favor da Asociación ASFEGA e en memoria de Pedro “Pedregal”. A hora de comezo será ás 14.00 horas no polifuncional campo da feira e a inscrición custa 25 euros por adulto e 5 euros por neno, incluíndo comida e torneo.

O domingo, 30 de abril, terá lugar a XIV Festa dos Avós desde as 12.00 horas, cando actuarán os gaiteiros da Asociación Cultural Val de Láncara. Ás 13.30 horas os asistentes poderán desfrutar dunha comida na carpa no Campo da Feira e ás 16.30 horas será o turno da actuación musical.

O último día, o 1 de maio, será o día grande das festas, que acollerá autoridades, stand de queixos artesáns e sidra ecolóxica. Despis, terán lugar as puxas por xovencas.

Xa pola tarde terá lugar o xantar con carne de Tenreira Galega Suprema e despois terá lugar a entrega de premios do concurso de gando vacún, o sorteo dunha becerra e peche da festa da man de Punto Clave.